Shopping security
En O inferno do debuxante, o autor introduce ao público lector nunha historia cunha trama abafante, a angustia dun creador que non chega a publicar ningunha das súas obras porque sempre hai antes alguén que xa a fixera. Premio Castelao de Banda Deseñada 2014
Kiko da Silva é o gañador do IX Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A súa obra “O inferno do debuxante” impúxose diante dos 13 orixinais presentados. O debuxante Manuel Pardo é o protagonista da historia coa que Kiko da Silva vén de gañar a novena edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación da Coruña. En O inferno do debuxante, o autor introduce ao público lector nunha historia cunha trama abafante, a angustia dun creador que non chega a publicar ningunha das súas obras porque sempre hai antes alguén que xa a fixera. A obra de Kiko da Silva, un dos principais nomes da banda deseñada galega e director do centro de formación O Garaxe Hermético de Pontevedra, impúxose sobre os 13 orixinais presentados este ano, o maior número na historia da convocatoria. O premio do certame é de 6.500 euros máis a publicación da obra por parte da Deputación.
____
Editorial: Deputación da Coruña
Idioma: Galego
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 11 - Jul 16
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order